papel mollado: Paulina Funes e mimadriña

foto de Iago Bernárdez

dende fai uns tres anos empecei a percibir que tódolos días na miña vida pasaban cousas extraordinarias, ou polo menos, eu os  percibo como tales, un día dinme de conta que iso era así e que case sempre foi así. podo entón considerarme unha moza moi afortunada. iso non quera dicir, que non acontezan cousas tristes, feas ,malas, noxentas, dolorosas, sí suceden, pero sexan as cousas como sexan creo que sempre hai algo de extraordinario.

dende fai tempo levántome pensando: mimadriña que me pasará hoxe, non teño nin idea! pola noite, non tódolos días, por que chego moi cansa á cama, pero moitos penso: mimadriña que me ía a dicir a min isto!

e moi recentemente caín na conta de algo máis, algo importantísimo: o proceso, a mín gústame dar conta do proceso. pero disto, xa falarei noutra ocasión.

por que hoxe quero contarvos que o domingo pasado estiven máis de hora e medio a remollo no río Lerez, na Illa das esculturas, dentro do programa de actividades culturais Fai Ponting! Este domingo estuve en Pontevedra en “Fai Ponting” que se celebra en la Illa das Esculturas. un día para a dinamización do espzio a cargo de diferentes artistas; intervenciósn sonoras  de Alg-a Lab, performance de danza por Begoña Cuquejo, Cristina Balboa…

Fotos de Iago Bernárdez

Fotos de Iago Bernárdez

como?

un día xa fai case un ano Virginia De presentoume a  Paulina Funes, unha muller fermosísima, cun falar agarimoso, e cunha presencia e forza interior que iluminaba cada folliña das árbores que habitan na Fac Peregrina. aquela muller non paraba de falar e  botaba enerxía pola boca, eu pensei nese intre: “eu con esta muller faría algo moi fermoso”. o conto quedou ahí, non volvín pensar nisto, pero entón un día Paulina propúxome que a acompañara na súa performance e que habitara o espazo con ela intervindo cas barquiñas.

mimadriña! alí estarei!

ás veces, levántaste pola mañá e non percibes que nese día vas a ter oportunidade de facer un soño realidade, e o pouco estás sentada no río ca auga entre as pernas, mentres  te afundes no barro, ca compaña dunha natureza indómita e unha muller que fai co seu corpo que os desexos se cumpran. non, non é cursi, provade a estar máis de hora e media a facer barquiñas e velas viaxar río abaixo, a auga, os primeiros raios de sol na pel despois dun longo inverno gris, a compaña de Paulina Funes, e a súa enerxía entre o arrolo do río; mentres o fagades teredes a sensación que o mundo parouse nese instante! eu soñei con parar o mundo unha ves, con sentir o que era ser unha árbore de ribeira,  soño cumprido!

mentras alí estaba nondin conta  que a xente ollaba, eu facía barquiñas e vías baixar rio abaixo ou varar entre as pólas , vía como o meu corpo afúndiase entre a lama, vía a miña saia e o meu mandil, e non podía deixar de pensar como as mulleres galegas, ca súa saia, o seu mandil, as súas mans e a súa enerxía que sae pola boca, van trasformando a vida e a paisaxe galega, como nalquel intre, cunha folla e papel era quen de mudar o mundo por un instante, paralo e soñalo, permitínme o luxo de paralo.

non vía a Paulina, máis a percibía, sabía que ela estaba alí,  como protectora non deixaría que nada malo pasaxe nese intre, esa sensación que sintes cando percibes que túa nai está ahí, e a pesar de todo o que suceda, túa nai é a que te deu a vida, e polo tanto permitiuche observar e vivir o mundo, pedazo regalazo!

gústoume todo o que percibín esta tarde, de novo poesía da acción, de novo mulleres trasformando a paisaxe, de novo patrimonio inmaterial para mimadriña. non volverá  ese intre, pode que hai outros intres, outras interpretacións, como dí Marina Abramovic.

algunhas das fotos son de Virginia De, son tan fermosas que non puiden deixar de emocionarme e pensar, que poder temos tres mulleres colaborando xuntas para contruír algo tan…así.

Foto de Virginia De

Foto de Virginia De

Foto de Virginia De

Foto de Virginia De

Foto de Virginia De

Foto de Virginia De

foto de virginia de

foto de virginia de

Ffoto de Virginia De

Ffoto de Virginia De

Galería de Virginia De

 Galicia non é unha mina, a mina somos nós, a nosa natureza, non deixemos que se convirta en patrimonio inmaterial.

Se queres ter máis info desta intervención, ou pertences a algunha entidade e estas interesado/a, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com.

About Palmira

mimadriña.com

3 comments

  1. Angel

    Fermosismas as fotos e de seguro que a actuación tamén. Un bico para as tres… con permiso 😉

  2. Palmira

    permiso concedido! ajjajaja

  3. Pingback: O fotocol da Costa da Morte | Mimadriña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: