mirar pola ventá

nenos xogando

a estas alturas xa sabedes que a miúdo miro por esta ventá. máis isto non é ninguna innovación no meu pobo, en Sardiñeiro, hai grandes eminencias no arte de ollar por unha ventá, de feito e aínda que vos pareza unha parvada, detrás deses miróns e mironas hai grandes historias ou polo menos simpáticas, moitas moi moi simpáticas, pero si as conto, alguén pode darse por aludido en Sardiñeiro e hoxe día todo se sabe, así que non as vou contar aquí, xa me preguntaredes un día por algunha mentras tomemos un café ou damos un paseo pola praia.

esto dos miradores nas ventás, non é unha cousa solo de Sardiñeiro; en cada aldea, vila, cidade ou eu que sei, sempre hai un profesional mirón.

a min gústame desafialos, tendo a buscalos, quedo mirando para eles a ver que fan ( son unha miradora de miróns, mimaaaá e se alguén mira para min ao tempo entramos nun bucle!)

o principio miraba para eles as agochadas, agora as veces póñome ben centradiña para que vexan e saúdalos para ver que fan.

gústame ollalos “miradores”, imaxino historias “esta está ollando como se bican aqueles dous, seguramente está esforzándose en averiguar quen son, para contar a veciña que fulanito de tal anda con fulanita, pero no fondo eu sei que esta a pensar naquel bico que lle dou aquel mozo unha vez na festa e nunca máis volviu a ver”

penso “mira aquela velliña que sempre esta mirar os tombos do mar, seguro que ten toda unha teoría sobre como acontecen as cousas na vida en relación a como baten as olas, segurísmo e se désemos conversa seguro que descubriríamos unha gran historia e ata faríamos unha gran intervención artística con ela”

cando era estudiante en Santiago, en San Roque había unha miradora e eu sempre pensaba, mimadriña catos estudiantes verá pasar esta muller, seguro que hoxe veu pasar a un moziño xeitoso para min, pode que ata ela vira o amor da miña vida esta mesma mañá, ains! ( pensade que ese pensamento era dunha moza de 19 anos moi inocente que cría nesas cousas, hoxe creo nas barquiñas de papel)

pero para min, o mellor recordo que teño dun mirón profesional é o señor do saúdo permanente de Barbantes, fai uns anos ata o xeolocalicei nun mapa personal no google maps. Un home xenial do que nada sei dende que marchei do Ribeiro, pero que durante os catro anos que alí vivín, sempre que pasaba pola súa porta en Barbantes ( Punxín) alí estaba ou no banco en verán ou na ventá en inverno. o homiño miraba os coches pasar e sempre levantaba a man e saudaba, eu dende o coche respondía co mesmo xesto.  él foi a primeira persoa coa que falei antes de irme vivir a Punxín, parei o coche e pregunteille onde quedaba a casa na que despois vivín, e díxome que esa casa estaba no lugar máis bonito da comarca e tiña razón, e alí vivín durante catro anos, ollando por unha ventá que daba o Barbantiño, a outro paraíso que ben podería inspirar outro blog coma este, pero iso xa sería outra historia, iso en certa maneira quedou no insomniorizar.

gústame ollar por esta ventá mentras penso todo isto, mentres Víctor está sentado na mesa axudándome coma sempre en cousas mimadriña, miro pola ventá e miro para él, tantas cousas podo pensar nun segundo!.

gústame mirar para os pícaros que xogan no paseo e penso: ohhh, se souberades que antes onde había eses columpios, fai moitos anos había dunas onde xogar ó escondite!

gústame ollar para eles e pensar, mimadriña que farán de maiores, serán quen de saber ollar por unha ventá e dicir:

ohh mimadriña!

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: