Fai un par de horas que cheguei da charla imformativa sobre a LOMCE en Cee convocada pola Federación de ANPAS da Costa da Morte, é teño que dicir que a presentación de María Rei foi impresionante, tan impresionante que estou pensando en perseguila na seguinte charla e gravala en vídeo para difundir as súas verbas. Para os que aínda non coñecedes o contido da lei, pídovos que vos informedes, é moi importante que teñades un criterio sobre isto ( e sobre milleiros de cousas, hai que ter criterio), xa vos digo que non ides quedar indiferentes.
Hoxe é 9 de maio vou ir a folga por unha educación PÚBLICA de calidade!
*Sabedes que en tódalas leis de educación, TODAS, había unha frase final que dicía que o estado español tiña a obriga de garantir unha educación pública para todos os cidadáns, pois na LOMCE a palabra PÚBLICA desaparece! Iso é o final, e o fin desta lei!
Tras este día de folga, prometo contarvos cousas bonitas de mimadriña, proxectos, xente mimadriña, novas cousas xeitosas de papel…
Ide a folga, pero sobre todo informádevos!