Brais é un sobriño mimadriña, o primeiro que me empezou a facer barquiñas conmigo xa fai case un ano. Considérase o gran cerebro das novidades mimadriña, moito se lle vai a cabeciña! Agora leva meses pedíndome uns calzóns de papel, díxome que si os fago ata é capaz de deixarse fotografíar, non me creo nada!
Pablo é un rapaz de Sardiñeiro, un superfan de mimadriña! Que de vez en cando venme petar a porta. Pablo naceu en Leganés, pero a súa nai e o seu pai déronse conta que querían que Pablo medrase nun lugar pequeno, cerca do mar, onde xogar fora unha aventura e o cole tivese poucos nenos e nenas por aula, un xardín ben grande e uns profes implicados no pobo e nos ritmos de cada pícaro, que crecese nun lugar onde o tempo correse máis lento que na capital. E Pablo chegou con cinco anos a Sardiñeiro e o pouco viu como poñían unha horta, e o mar chegaba ata a súa ventá. Él ten unha super ventá como a miña, vive catro casas máis aló ca min, debe ser por iso que gusta tanto tanto de mimadriña! A día de hoxe Pablo é un Sardiñeirán que fala o galego da Costa da Morte e que sabe dos tesouros do mar e o que se pode facer con iles, como contei o ano pasado noutro blo. O conto e que este domingo quedaron de vir a miña casa por que querían os dous colaborar nas mil barquiñas e en pouco tempo tíñamos case unhas 100. Ademáis Pablo ensinoume novas maneiras de facer paxariños de papel que xa vos ensinarei.
Pablo e Brais: E flotarán Palmi?
Eu: Claro! imos facer un primeiro ensaio. Jjajajjaja vedes, flotan! Brais e Pablo: Pero no mar? Flotarán?
Eu: Ala imos, cara a praia. E así dámoslle un paseíño a Leira (a miña cadela) e de paso ensinamos o bonito que é Sardiñeiro, o pobo de mimadriña, onde hai máis de 15 cabeceiras!
Esta é a rúa da praai e a Leira tentando comerse un gato.
Xa estamos a chegar á praia, e unha das cousas máis fermosas que temos é o tractor da Casa da Reiniña, e a súa cabeceira, sempre chea de bo millo, e jajjaja, hoxe non estaban fora, pero calquer día que vaiades podedes atopar uns porcos tomando o sol ben grandes, estilo Quinín!
Veña imos a pola segunda botadura, esta vez no mar, a ver como van. ohhhhh un non conseguiu resistir a marexada, pero o outro polo mar abaixo vai!
Pablo e Brais: Ben ben, resisten, pois xa está! se aquí navegan, na Costa da morte, malo será que non naveguen polo Miño! Listo ímos sentar un pouquiño O Rumbo.
Brais: oes Pablo estaría ben encher cas mil barquiñas o porto de Sardiñeiro, ou o Rumbo, molaría moito, non?
Eu: Ohhh, ideón! O que molaría máis e propoñerlle a toda a xentiña que está participando facendo barquiñas, que isto das mil barquiñas convirtase nalgo itinerante, e ir levando as barquiñas por tódolos puntos de Galicia, imaxinade! e ir sumando e sumando barquiñas ata chegar a 10.000.
Pablo: ou a un millón!
Eu: 1 millón de barquiñas por unha educación pública e de calidade, por unha educación fermosa coma as escolas rurais e mariñeiras… Non vedes, o ano pasada dicía que quería encher o obradoiro de barquiñas, e jaja con un pouco de axuda, aínda vai ser certo que o logremos.
Pablo e Brais: Ti soñas!
Eu: sí, o vexo clarísimo!
Jjajaajja, viva viva! ímolo celebrar a Rúa dos Mariñeiros!
1 millón de barquiñas en Galicia por unha educación pública de calidade
mimadriña, isto si que e unha sorpresa.
moitos vesotes, como me alegro de saber de ti e camo non coas tuas novidades,mimadriña.
veremonos o sabado???
Graciñas Mª Carmen aló nos vemos!