Vica e mimadriña

As barquiñas de Vica

Eu de maior quero ser muller,

eu de maior quero ser mestra,

eu de maior quero ser fonte de inspiración,

eu de maior quero ser sorriso,

eu de maior quero ser nai,

eu de maior quero ser Vica!

E non estaría mal ser Bica con b que esta ben boa, como a de Trives ou a de Sarreaus, pero eu de maior quero ser coma Vica con v.

Vica e unha muller da Costa da Morte, eso xa é dicir moito, non traballa nun cole, pero é mestra, unha boa mestra, cos pes na terra e no mar, cercana, observadora sempre, acompañante, directora, facilitadora… un sin fin de cousas moi grandes. Vica é desas persoas  que con intención ou sen ela sacan o millor da xente que está cerca dela, inspiradora e motivadora, fai sinxelo que o mellor que levas dentro se multiplique, sorrí e listo! Eu de maior quero ser nai, como Vica, que é a nai de Carla e Joao e que gracias a esas coincidencias da vida, tiven a sorte de coñecela fai uns meses.

Vica non ten blo, pero é a fonte de inspiración, é a facilitadora dos blos de Carla e Joao, impresionante verdade?

Sí, eu de maior quero ser Vica, sei que non é doado por que ser así como ela, eu sei que nón é doado e requiere moito esforzo persoal, e que as veces esa enerxía positiva que se escapa e se proxecta cara os demais é dificil de mantela para unha mesma, é como un paxariño cantareiro que sempre está arredor da casa alegrando os días, está ahí fora, e non tes nin idea de como facelo entrar pola ventá para que alegre a túa casa.

Terei os ollos ben abertos, e tentarei non perderme nada dos movementos de Vica, por que eu de maior quero ser coma tí.

Por certo, Vica un día, non hai moito agasalloume con estas barquiñas que vedes na foto, son tan pequeniñas que caben nunha burbulla. E Vica ten todo un astillero producindo para as 1000 barquiñas de papel en Castrelo de Miño para unha educación pública.

About Palmira

mimadriña.com

2 comments

  1. Pois Vica nestes intres está chorando ao ler estas palabras que me escribes. Moitas grazas Palmira por todo o que significas para min, para Carla, para Joao, para Carlos e para toda a xente que te seguimos. Eres sinxelamente marabillosa, tanto que consegues que a nosa flota de barquiñas se poña a bailar, aínda van saír pola fiestra en busca do noso mar, o oceano que nos baña e nos acompaña, tentaremos que acouguen porque van descubrir moi pronto Castrelo do Miño e a aventura de Mimadriña.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: