A barquiña pedagóxica de Pedro

barquiña de pedro

E van chegando as barquiña! ben fermosas como esta barquiña que envía Pedro Seoane Ladra dende Totana. Pedro é un educador social nado en  San Sadurniño que ten as mans cheas de versos que a miúdo sementa aló onde observa un anaco de terra onde poidan agromar, desta vez envía este “Poema pedagógico” de Makarenko en forma de barquiña, toda unha declaración de intencións.

O poema pedagóxico de Makarenko é unha obra  inspiradora para mestres e educadores e aporta reflexións tan importantes como:

 Como se aprende?

A través  do respecto, disciplina e traballo colectivo traballando en actividade produtiva e con sentido social.

Caendo en conta  de que as accións poden ter consecuencias negativas sobre o futuro de si mesmo e dos demais.

Como se ensina?

Coa experiencia, como nai da pedagoxía educativa.

Partindo de intereses colectivos e non individuais.

A través dunha disciplina  baseada na orde e o respecto mutuo.

Co exemplo e coas actitudes.

Aceptando e coñecendo a diversidade de formas  do ser humano.

Cos feitos máis que coas palabras.

Proporcionando liberdade “disciplinada” ao estudante para que entre en contacto co medio ambiente, supón autonomía pero orientada.

Impóndose retos e crendo firmemente en que o estudante poderá  aprender e de ser posible superará ao mestre

En grupos mixtos, homes e mulleres xuntos.

Cunha boa administración educativa.

 Cal é o papel do mestre?

Observador, analiza detidamente ao estudante no que ten que ver co seu estilo de vida,  as súas limitacións, as súas necesidades básicas. os seus costumes,  os seus intereses,  as súas calidades e vicios,  os seus talentos e  as súas capacidades innatas para sacar proveito das mesmas.

Disciplinador, con man firme pero cun corazón o suficientemente compasivo como para entender a humanidade do educando.

Comunícase asertivamente e non ofende a dignidade do educando

Busca superar as adversidades, observando e analizando moi ben as situacións.

Non discrimina entre estudantes, un non é mellor que outro e todos poden ser bos.

Xera espazos de discusión.

Asigna labores e tarefas de acordo cos talentos e habilidades específicas de cada un.

Brinda unha segunda oportunidade cando o educando comete un erro

Non busca culpables.

Fai equipo cos mesmos educandos para propiciar o seu cualificación e desenvolvemento humano.

Escoita receptivamente a historia de vida das súas educandos e examínanse as mesmas para xerar “deltas” de aprendizaxe

É reflexivo fronte ao seu quefacer docente.

Pedro graciñas pola túa barquiña, pola túa lectura recomendada, polo verde esperanza das túas letras 😉

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: