Unha carta para Cascarilla

ola cascarillaOla Cascarilla, ti non me coñeces, polo menos non me tes visto polo cole Ramón de la Sagra, pero eu sei ben de tí. Teño un par de amigos, Joao e Carla que falan mil e unha marabillas, que si eres o seu trasno que vive na bilbioteca, que si tes a biblioteca moi xeitosa non , xeitosísima! , que lle escribiches unha carta…vamos que morro da envexa e xa me gustaría coñecerte.

Eu son pequena, 1,61, a miña xeración en Sardiñeiro quedamos pequenos, disque seica polo Casón, pero eu non me creo nada, quedamos pequenos e punto, pero tiven a sorte de ir a un cole público ben enorme, cunhas aulas ben grandes onde ata tíñamos unha mesa de pimpón, ou colchonetas, moitos estantes na aula e un mundo de cousas, aulas grandes, para poucos nenos pequenos, imáxinas? E era moi divertido porque estábamos nenos e nenas de idades diferentes e chichábamos entre nós. O mellor tí que viaxaches moito, coñeces o meu cole, ou estiveches nalgunha escola como a miña.

Eu non fun unha nena de moitos deportes e de pouco iro  recreo,  bo e que podíame quedar na biblioteca, así que teño moitos recordos de estar na biblioteca sola mentras os mancallóns corrían polo patio, e non me daba pena, por que habíache uns libros moi xeitosos, acórdome dun libros de edicións do cumio?, cunhas portadas cheas de canicas, e outros de poemas como  un que me traía tola de David Otero, pero o máis para min eran os Atlas, sobre todo aqueles que mostraban as montañas que hai debaixo do mar. A tí cales che gustan? Vasme ter que recomendar os teus contos preferidos que eu son moi guiadiña , leo e despois se me gustan moito cóntollo os amigos.

Bueno, teño que ir durmir, pero quería acabar de escribir para dicirte que eu son moi fan de Carla e de Joao, e eles son moi fans teus, así que se queres un día argallamos unha visita e vouche coñecer o cole e cóntoche que fago barquiñas de papel, e si eso tamén te ensinoo , vale, por que precio facer mil barquiñas de papel para levar a Castrelo demiño e facer unha festa onde celebrar que queremos escolas coma a túa e como a miña, escolas con trasnos nas bibliotecas, con nenos e nenas coas cabezas cheas de tolemias diferentes e mans que saben agallar un mundo de cousas, un mundo!

Un bico de mimadriña para tí, Cascarilla!

About Palmira

mimadriña.com

2 comments

  1. Creo que Cascarilla vaise emocionar coa túa carta, Joao e Carla están desexando que ao Ramón de la Sagra lle guste a idea de que vaias darlles unha charla nunha barquiña mimadriña!

  2. Por certo, na biblioteca do cole Ramón de la Sagra teñen o libro La Ola que a ti che gusta tanto, non deixo de sorprenderme da calidade desta biblioteca, non me extraña que Cascarilla decidira quedar nela. Colleuno Carla esta semana pensando sobre todo en min para que eu o poidera ver, hai que fastidiarse, agora son os fillos os que se ocupan de que seus pais teñan lectura de calidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: