Mimadriña que bonitas son as millas folliñas de papel!
Sí, xa sei, que vou dicir eu!
Pero é que son moi xeitosas! tanto ou máis que as barquiñas de cores e perdón se con isto firo a sensibilidade dos que amades as barquiñas de papel, pero hoxe teño que contarvos esta historia.
Cando fun a visitar a Rosana da Despensa do Avó Francisco e propúxome que lle fixera un escaparate mimadriña para a súa tenda, pensei que as barquiñas non eran o mellor recurso. Volvín para Sardiñeiro pensando que podería facer co papel.
Cheguei, mirei pola miña ventá, ollei o meu mundo e pensei:
Mimá! o sol, as nubes, o mar azul, as barquiñas, os paxariños, unhas ramiñas espidas no mes de xaneiro, e meu pai podando as árbores da horta !
Mmmm! Papá, esas ramiñas que quedan son para a tenda de Rosana, e pénso vestilas con 1000 folliñas de cores.
Listo! Ideón!
Así empezou o conto, despois tocou argallar como facer as folliñas para que luciran fermosas e realmente parecesen folliñas de verdade, e para iso, empecei a ollar as folliñas das miñas macetas, as follas que penduraban das ramas secas e argallando co papel, saíron. Síntome moi fachendosa delas, non busquei vídeo no youtube para facelas, xoguei co papel. Aquí tedes unha foto da primeira que fixen e que peguei nos meus paus de cores.
Veña, agora mil e a buscarlle a poética de pasar horas e horas facendo folliñas de papel.
As follas son moi importantes,
dan sombra e regulan o clima, amortiguan a caída da choiva e protexen o chan da erosión, sirven ademais de manto á terra, protéxena do frío en inverno e regulan a humidade nos días de calor, ademais son un abono moi xeitoso para os meus tomates, reducen a velocidade do vento e aloumíñan o noso sono á noite cando todo está en silencio. As folliñas filtran o aire que respiramos e fan que todo arrecenda ben, son fogar e leito de moitos bichiño e namorados que agochan os seus primeiros bicos, as folliñas marcan a personalidade das árbores e tamén da paisaxe, e polo tanto dos habitantes que viven cercan deles, dan nome as follas de papel que forman libros, os libros de folliñas de papel son tesouros. ( Mmmmm, estáseme a ocurrir outro ideón)
Mimadriña cantas cousas! son case como un amuleto para a nosa existencia. Pois aquí está entón a poesía de todo este asunto. Facer mil follas de papel como Sadako fixo mil grullas, facer mil follas de papel para que sexan amuleto da sorte para Rosana e a súa tenda, facer 1000 follas de papel a man como poema visual adicado o enorme valor e traballo das persoas que traballan a terra e protexen as árbores e as súas folliñas. Facer mil follas de papel de cores a man, como se unha árbore fose en primaveira a espera de que os namorados, os nenos e os libros veñán pouxarse en min.
Se queres ter máis info deste escaparate, ou estás interesado/a no meu traballo pide presuposto no mimatenda@gmail.com.