Sabedes facer un avión de papel?
E sabedes por que o meu avión de papel ten un bico?
Eu vouvos a enviar un bico a miña maneira!
Mimadriña e Cuidadanas from mimadriña on Vimeo.
Ja! que ben o pasamos o mércores pasado un grupo de mulleriñas no CIM da Coruña! Foi moi emotivo volver xusto un ano despois ao grupo de mulleres que conforman o Proxecto Cuidadanas e contarlle como me foi este ano.
Xusto hai un ano eu deixaba de traballar en Fundación Mulleres co devandito proxecto, e a moitas delas non as volveu a ver aínda que despois do vivido o ano pasado sempre nos quedará un vínculo moi forte. Foi moi emocionante volver e falarlles de mimadriña, pero sobre todo, velas sonrrir xogando co papel!
Ao final lemos o manifesto mimadriña, e a estas alturas xa saberedes que dicir que foi emocionante sería dicir pouco. Gústome lelo para elas, gústame estar con elas por que me fai medrar!
Elas siguen ahí, loitando, medrando e sorrindo!
Se queres ter máis info deste obradoiro, ou pertences a algunha entidade e estas interesado/a, ponte en contacto conmigo no mimatenda@gmail.com
Foi ben bonito e divertido porder compartir este ratiño con esta mulleraza!!! Gracias por transmitirnos a túa ilusión!!!!