Encontro de blogueiras: Carla e Palmira

carla e mimadriña carla e mimadriña 2

Este pasado sábado celebrouse na casa de mimadriña o primeiro miniencontro de blogueiras miúdas, Carla e Palmira, é dicir, O corno do boi e mimadriña! 😉

Que ilusión me fixo que me viñeran a ver a min e  a miña casa, despois de coñecernos na rede por cousas casuais que ten a vida, e de pasar meses conversando entre comentario ven e comentario vai nesto dos blogues!

Recordoume moito a miña etapa na que escribía no insomniorizar e un día atopámonos un montón de blogueiros en Agolada, foi tamén moi emocionante. E  penso, que bonito era o mundo antes das redes sociais!  jajajja.

Bueno, cóntovos! Carla veu a verme ca súa familia, ahí tedes o pequeno Joao ao que por certo creo que lle queda o bigote moi moi ben, vai xenial con eses olliños de fedello!

Viñeron e trouxeron un ronsel de contos e sorrisos e cousas máxicas que acontecen a diario nas súas vidas, grazas a que teñen a sorte de ter un páis moi xeitosos que inventan cousas e recollen tesouros alá a onde van, Carla contoume que perseguen cometas, que buscan tesouros e acumulan osos de balea! Mimadriña! farei outra entrada exclusiva co caixón de tesouros que me trouxerón, para darvos moita moita envexa!

Pero ademáis Carla e Joao teñen a sorte de ir a unha escola púlica xenial o CEIP Ramón de la Sagra na Coruña, onde o profesorado implica os nenos e nenas en centos de proxectos moi divertidos, nos que eu estaría tola por participar como alumna, na súa biblioteca ata teñen un trasno que se chama Cascarilla, e inventan cousas, e claro! Joao e Carla teñen moita moita sorte por que teñen un pai inventor que fai máquinas con xoguetes reciclados

Eu estudiei no CEIP da Areouta, en Sardiñeiro, gardo moi bo recordo, sobre todo da biblioteca na que pasaba moitas horas xa que non facía ximnaxia, e do meu profesor Xosé Manuel que era da Lourenzá e acabou na Costa da Morte, mimáaaa!

Gardo bo recordo, pero morro de envexa, quen fora de novo nena para estar nun cole que argalla creatividade e implicación, que elabora un mundo máxico afastado da realidade gris e que con todo ilo fai medrar uns nenos que terán iniciativa e inventiva para superar as crises que veñan!

E podería contarvos con detalle o que pasou esta tarde, pero a verdade e que Carla o conta perfectamente no seu O corno do boi, así que ide alí e vede o vídeo chulísimo! Eu xa lle dou o Premio Mestre Mateo ó mellor vídeo do ano!

P.D.1: Declaro a Carla discípula de mimadriña, disque me vai facer competencia, se é así, eu armarei un blo que se chame A barba da balea para facerche competencia a tí, jajajjaja.

P.D.2: Xa andamos a argallar o segundo encontro de blogueiros miúdos, para o verán, e virán moitos blogueios miúdos!

About Palmira

mimadriña.com

15 comments

  1. Vica

    Que cousas tan bonitas nos dis! Moitas grazas de parte dos catro por esta entrada tan entrañable. Por certo, agora que leo o que dis de blogue A barba da balea, sabías que o día que Carla me pediu si podía facer un blogue e si lle axudaba eu díxenlle que si (menudo lío no que me metín) e propúxenlle chamarlle O Bico da balea pero ela dixo, non, ten que chamarse O Corno do Boi e aínda non descubrín a razón, xa non conto con coñecela nunca, sonche cousas de artistas como ti e como Carla!

    • Palmira

      O bico da balea? que bonitísimo, dille que escriba un conto con ese título! 😉

      • Vica

        Pois xa llo dixen e resulta que me contestou: pero ti xa escribiras un conto con ese título. É certo, nin me acordaba, fai uns anos escribín un conto de baleas para ela, ei de buscalo a ver si ten un pouco de xeito.

      • Palmira

        buscao ben Vica buscao que ese é un tesouro! Falando de baleas, eu son moi fan de Estevo Creus, el sabe do tema das balea e ademáis coñece a Praia do Furadiño onde quero levar a carla!

  2. Vica

    Moitas grazas por decir eso de nos e do noso colexio. Carla

    • Vica

      Uau! Estevo Creus, coa poesía e as baleas, que guai! que ben relacionada estás. Xa me está dando envexa a Carla coas prespectivas de cousas pendentes de facer con xente coma ti. Onte estivo dándonos a chapa a Joao e a min xogando a “dar unha conferencia” e dille Joao todo serio “ya pareces Mimadriña” jajaaaaja…

      • Palmira

        bueno so o coñezo de vista e de coincidir en algunha cousa na Fac Peregrina, pero dende as andainas do batallón literario sonche moi fan do seu libro AREADOS! E este ano sacou Baleados! jijii

      • Palmira

        jajaajjaaja o Joao eche moi crac, xa podes ir faceéndolle un blog propio!

  3. d.

    Hola! Como me encanta tu trabajo, he propuesto tu blog como candidato al “Best Blog Award” .En mi blog tienes más info por si quieres participar tu también!

  4. Hola. Paso a visitar tu blog y a saludarte como co-premiado por Virginia en los Liebster Blog Award.

    Te dejo enlace a Espirales de tinta, donde encontrarás, dibujos, microrrelatos y experimentos.

    http://espiralesdetinta.blogspot.com.es/2011/11/naturaleza-muerta.html

    Un abrazo.

    • Palmira

      Oh, moitas gracias, Virginia é un encanto e non me esquezo dese premio, terei que aplicarme paraestar a altura! Un saudiño e grazas de novo!

  5. Pingback: Unha carta para Cascarilla | Mimadriña!

  6. Pingback: Vica e mimadriña | Mimadriña!

  7. Pingback: un domingo pola tarde | Mimadriña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: