Un fío de doces

As veces pregúntanme:

que fas en mimadriña? Que é mimadriña?

Eu sempre digo que fago  barquiñas de papel sen máis explicacións!

Gústame ver as caras da xente a tal resposta e penso inmediatamente que será o que veña detrás desa cara, outra pregunta, un sorriso cómplice, unha risotada, e non por que me preocupe o feito en sí, pensoo por que xa estou preparando a miña nova resposta para provocar na xente unha maneira diferente de ver as cousas.

En mimadriña fago barquiñas, cousas xeitosas en papel que me dan moitos momentos bos! Pero tamén fago outras cousas, retos novos que me propoñen, como facer un escaparate para unha tenda ou un fío de pasteliños de papel como este que vedes e que foi encaro de Begoña!

Cando me fixeron tal encargo primeiro pensei que eu non sería quen de facer algo máis ou menos xeitoso e advertino, pero despois pensei que tiña o necesario: un pouco de papel de cores, fío, unha maquina de coser, e ganas de tentalo. Bueno, eu sempre teño ganas de tentar cousas novas!

Este foi o resultado, un fío moi doce e moi rosa! 😉

 

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: