Unha casa chea. Woodmodels e mimadriña

casa woodmodels mimadriña

Fai tempo que quero contarvos o conto desta xeitosísima casa! Esta casa chea de sobriños e sobriñas mimadriña!

Eu de nena tiña unha teima en canto a dibuxar, case sempre debuxaba o mesmo, unha casa cunha árbore chea de mazás , un camiño que daba a porta da entrada, e unhas montañas no horizonte. Hoxe en día daría parte dos meus tesouros por conservar ou recuperar un deses dibuxos, quizais por iso gardo unha caixa cos debuxos dos meus sobriños, para que o día de mañá como diría miña avóa teñan un patrimonio de tesouros!

Fun medrando, e deixei tal teima por debuxar peixes con ollos moi grandes!

No 2007 funme vivir a Punxín, a un lugariño chamado Beirán, onde pasei tres anos e medio na casiña dos meus debuxos. Un camiño que chegaba ata a porta, unha casa con moitas ventás, un carballo centenario que lle daba sombra e rodeada de maceiras, cando alí cheguei, dinme conta que vivia na casa dos meus soños de nena, outro día ensínovos unha foto dela! Xa que hoxe quérovos falar desta casa moi xeitosa que atopei un día na Tenda Agarimo de Cee.

Un día pasei polo escaparate desta tenda e a vin, e tiven que entrar a vela e tocala, e alí entereime que era unha casa feita en Outeiro de Rei, por Woodmodels. Que xenial! pensei, feita en Galicia! Como estaba preto a chegada do apalpador, encargueillela para que fora entregada os meus sobriños Pablo e Jorge e como foron moi bos, a casiña de Outeiro de Rei veu dar a Sardiñeiro.

E aquí a tedes! Que bonita é, montouna Jorge nun plis plas, que lle gusta moito esto de montar estructuras, Pablo dixo que non lle apetecía, pero despois de vela montada quixo prestarse voluntario a enchela e “tuneala”.

Mirade o proceso nas imaxes! Eu axudenlle un pouco cas flores do balcón e pouco máis, pero as personaxes fíxoas todas él, jejje, ahí estamos todos, o equipo creativo de mimadriña e a nosa cadela Leira!

Dende esta non podo deixar de pasar de cando en vez, pola tenda Agarimo de Cee, para mirar as cousas que ten de Woodmodels, que sa pode ir argallando unha cabeceira, horreo ou canastro, que de seguro me fago con él.

 Ahh, e por certo o mundo é un pano ben pequeno, por que cando fun a Lugo a visitar a Rosana e a súa Despensa do avó Francisco, contoume que o rapaz de Woodmodels leva os seus nenos o cole donde van os seus, e é moi crac e fai cousas moi interesantes para a ANPA, jajjajaaj, conexións coma sempre!

Este país é unha casa chea!

About Palmira

mimadriña.com

3 comments

  1. bárbara

    pero que bonita!!!!!!! quero unha!!!!!!!!!!!!

    • Palmira

      En Cee podes mercala, pero si non mira a web, seguramente podes facerte con unha de maneira online! Teñen un sidecar e un buho, mimadriña, preciosos!

  2. Cheghei de casualidade e encántame o que fas!!
    Xa me tes subscrita às túas cousas.
    Um biquinho
    meni*

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: