O home de papel

Non son eu moito de poñervos vídeos ou outras cousas que atopo pola rede, gústame  falarvos de cousas e de xentiña que coñezo, pero desta vez vou facer unha excepción e ensinarvos este video fermoso como un dibuxo de Jimmy Liao (levo meses queréndovos falar de Liao, outro día fálovos con calma del).

Cando o vin, pensei na película de Julio Medem ” Los amantes del círculo Polar ” que me motivou fai máis de dez anos para ir ata Kiruna e ver alí os ollos de Ana. Despois pensei no libro Desencuentros de Liao, que me prestou Víctor!  Parece que Disney inspirouse nestas dúas historias, paréceme a min!

Gústoume esta historia, pero sobre todo por que me recordou a mimadriña!

Así me vexo, rodeada de barquiñas de papel de cores que me levan como a marea dun lugar a outro coñecendo xente chea de ilusións e proxectos que teñen os ollos ben grandes e bonitos como a rapaza deste vídeo. Gústame o papel, xa o sabedes, gústanme as barquiñas e os avións, pero gústanme cando viaxan cunha mensaxe!

A todo esto, bo San Valentín, aínda que mimadriña! non preciso dicirvos nada sobre o que penso deste día, coñecer como me coñecedes, xa saberedes! 😉 Vaia invento!

About Palmira

mimadriña.com

2 comments

  1. Vica

    Que bonito! Vino fai pouco no cine, neses curtos que poñen antes de dar comezo a película e gustoume tanto, tanto, moito máis que a peli que veu despois… grazas mimadriña por compartir cousas tan fermosas.

    • Palmira

      Anda que vos, mira que me ensinades cousas ben chulas! Por certo estefin de semana, veu un amigo a sardiñeiro e estivemos facendo ousas cos meus sobriños, un tren! xa o contarei no blo e moitome acordei de Carla, pensaba, ohhh, se estivera aquí Carla! Ainda teño pendente facer algo co conto!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: