Onte mentas almorzaba miña nai entrou na casa, viña de fora, cun temporal de medo, deses que este ano non dan marchado e dixo:
” hai un paxariño no balcón tan cheo de frío e fame, que eu non sei como non emigrou cos outros! “
A continuación miña nai sácoulle un pedazo de tortilla!
Quedei parva con esa frase, tan cargada de tantas cousas, tantísimas! e pensei, pois si que empeza hoxe ben o día! Xa teño conto para mimadriña!
Un día a miña amiga Carla escribiu un conto no seu blogue que despois eu continueino, é o que se chama Cadáver exquisito en literatura. Aínda que ten un nome un pouco feucho para min, dicirvos que esto de continuar unha historia que outra persoa escribe é moi divertido, e eu e Carla estámonos aficionando.
Pois xa teño historia Carla!, esta frase da miña nai, tes que continuar este conto tí ou quen queira participar, eu prometo despois darlle imaxe!
Quen é este paxariño, por que non emigrou cos demais, por que quixo quedar, de quen ven sendo?
Perdóa que tardaramos tanto pero Carla non debía ter inspiración estos dias, gha, gha… Puxo a 2ª parte e co teu permiso, pasoullo aos Besbellos. Isto está que arde! que emoción, xa estou intrigada por ese paxaríño… que pasará agora? Encántame esta frase que puxestes, tan chea de todo, como ti dis.
http://ocornodoboi.blogspot.com.es/2013/02/un-conto-mimadrina-2-parte.html
pois alá vou a ver, jajajajja!