A despensa do avó Francisco, Rosana e mimadriña (I)

“Aquí hai unhas mans que están a cocer algo con moito mimo e ilusión”

Así di un escaparate  no barrio da Milagrosa,   na rúa Mallorca n° 2, en Lugo!

Recordades cando fun ó Culturgal, aquela tardiña pasaron moitas cousas, hoxe vouvos contar unha hitoría desa tardiña, e aínda me quedarán unhas cantas por contar!

Rosana é unha luguesa que ten como segunda terra Marín, e aquela tarde, estivo escoitando o que se cocía no OFF Culturgal, así me coñeciu!

Díxome que lle gustou o que alí dixen e que pensou que, si unha rapaza con falda de papel que facía barquiñas cos seus sobriños dende unha ventá podía soñar con que aquelo podía ser algo grande, ela podería empezar unha nova andaina e argallar algo con moito mimo e ilusión que reunira o seu gusto polo bo comer, polos productos da terra  e pola tradición e a memoría do avó Francisco.

Días despois Rosana escribiume, e contoume todo isto , que ía dar un  paso adiante e pediume consello para convertir todo isto en algo xeitoso como digo eu. É dicir, connvertir este soño nunha realidade chea de mimo e ilusión, como di a súa ventá!

Unha ducia de correos con ideas  intercambiadas  despois,  A despensa do Avó Francisco está no forno!

E este domingo pasado, fun a Lugo xunto  Rosana.  Alí tivemos a oportunidade de coñecernos, xa que ela me coñecía a min, pero eu non a ela, e falamos e argallamos cousas para este proxecto, pero tamén falamos moito doutras persoas que un día decidiron dar ese paso adiante e adicarse o que lles gusta.

Falamos de Rutas Vivas, e do moito ue nos gusta o blogue de Tartarouchos e de facer un blog para a A despensa do avó Francisco tan xeitoso como iste, xa vos contarei cando esté aberto!

Falamos de Anxo Lamas, un artista de Muimenta e a súa particularidade postura frente o arte, e sen saír de Muimenta, da experiencia vital de Os Mochiliñas, unha familia moi particular que de soñar, emprender e cambiar o mundo sabe un anaco!

E de productos do país, e de productores locais, marmelo, mel, queixo, pan….e viño, como o de Bernardo, o Issué

De como poñer a tenda xeitosa, pero iso, jajajjaaja, iso está nas miñas mans e juju, é un segredo, xa veredes xa!

Deixovos ata dentro dun días para contarvos máis cousas de A despensa do avó Francisco e de Rosana e a súa aventura!

Ah, outra cousa, se queredes contaxiarvos do mesmo mal que nos picou ás dúas, dádelle unha lectura ó Manifesto Mimadriña.

About Palmira

mimadriña.com

4 comments

  1. Eu quero contactar con ela para lle facer unha repor para cando abra, que che parece? Bicos, que historias mais lindas tés de xentelinda!!!!

  2. Pingback: Unha casa chea. Woodmodels e mimadriña « Mimadriña!

  3. Pingback: A despensa do avó Francisco (II) xa abriu as súas portas | Mimadriña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: