Acordades a lista de cousas que lle pedín o apalpador, pois debín ser moi boa, por que algunha chegou!
Para min o día de reis, como o coñecen os meus sobriños e sobriñas, é o día máis importante do nadal, sempre o vivín así, aínda que tamén dicirvos que eu son unha ansiosa e case sempre souben antes que me traían os reis, por que revolvía toda casa para atopar os ansiados paquetiños.
Acórdome que un ano, pedín unha Game Boy, e jajaj, tres semanas antes de reis, eu xa xogaba con ela polas noites debaixo das mantas, viñérame con dous xogos: o nemesis de naves espaciais que ademais o tíñamos na maquinita do bar e o superfamosísimo Tetris! Cando chegou reis volvina meter no paquetiño e ohhhhh que sorpresa! aPra esas xa dominaba o asunto ata a oitava pantalla!
Estos foron os reis este ano, cos meus sobriños, ben cedo, levanteime dun brico e gritei pola escaleira, xa están aquí!e correndo baixaron para abrir os regalos moi mimadriña!
Que me trouxeron a min: pois moita ferramenta para mimadriña:
unha caixa de tixeiras e troqueladoras ben xeitosas, catro libriños moi inspiradores: origami, cousas para facer con papel, El arte de amargarse la vida, e un moi moi especial sobre o pais que sei que pronto visitarei: Isalandia. Unhas cantas postales, un pixama que non falte, unha bata de forro polar qe xa é un clásico, un collarciño feito a man e unha impresionante ovella de amigurumi tamaño XXL feita a man pola miña prima Eva!
Ahhh pero o que nos vos contei aínda é dun regalo moi moi especial que recibín o día 25! O libro dos sobriños mimadriña. desto fálovos prontiño, prometido!
E por ahí, que trouxeron os reis ou o apalpador?