O almanaque do ano mimadriña querida! foi un éxito entre os sobriños e sobriñas mimadriña!
Esta foi a primeira serie que fixen de 15 calendarios, para os nenos e nenas da miña familia, bueno eu so teño tres sobriñas e tres sobriños, pero os filliños dos primos tamén son os meus sobriños e sobriñas, así que almanaques para todos. A idea de facer o almanaque foi por que miña tía Sofía, que foi moitos anos mestra nun cole, díxome que quería facerlle un regalo os nenos e que non foxe un cadro, que xa tiñan, así que pensei nun almanaque no que puideran escribir e “fuchicar”, e aquí está o resultado, este é o mes de xaneiro e febreiro e da a benvida as árbores a mimadriña!
Agora vou a pola segunda serie, para a miña tenda online, se queredes un xa o podedes encargar!
E coma sempre, están feitos a man, un por un, non son unha impresión nin unha fotografía, teñen os seus papeliños, barquiñas, paxariños e aquelas cousas que se nos pasen polas mans! 😉
Pois eu quería encargarche un, podo? irá Carla en persoa a mercalo. Con ese calendario colgado na cociña o 2013 vai ser un ano para recordar.
Pois marchando unha de calendario para Carla! Mira unha cousa, sabes se lle gutan os calamares e as centolas?
Encántanlle todas as cousas que sexan do mar. A Carlos (o seu pai) e a min tamén, pero non nos debuxos precisamente, mmm unhas boas centoliñas! quen as pillara.
jajajja pois as miñas son simpáticas e xeitosas, pero saborosas ainda non! jajajja