Os amigurumis de Maruja e mimadriña queren desexarvos bo nadal

Bo nadal

Estaba desexando que chegara o nadal, unicamente para ensinarvos esta foto e contarvos a historia destas figuriñas!

Eu non son moito de estas datas, sempre me invade unha melancolía tremenda, similar á que me acompaña a semana do meu cumpreanos a finais do verán. E aínda que eu non son de nacementos, gústame poñer tódalas noiteboas estas figuriñas na miña casa, non polo que representa, senón pola historia destas bonecas e polo importante que é en mimadriña a persoa que pouco a pouco foi ganchillando esta imaxe xeitosa como ningunha!

Este nacemento ten máis de 30 anos, fixoo Maruja a quen xa coñecedes, ela ten unhas mans de ouro, ou platino polo menos! Cando eu nacín xa estaban feitas algunhas figuras, e foi aumentando a familia de bonequiñas de ganchillo, que agora pasaron a chamarse Amigurumis e que tan de tendencia están. Era o nacemento da casa de Maruja, fixoo para ela e para a súa familia, pero fai xa máis de quince anos, un día decidiu poñelo nunha caixa de cartón e enviarmo a min. Juan xa non estaba e ela pensou que estas figuriñas estarían ben coidadas entre as miñas mans. Eu oíra falar moitas veces del, e non podedes imaxinar a cara que se me quedou cando abrín aquela caixa de cartón que todavía conservo, de verdade non podedes imaxinarvos como de importante me sentín.  Mimadriña querida!

Dende aquela tódolos anos, estivera onde estivera, sexa Barcelona,Saniago, Ourense, Punxín, Leiro, Coruña, ou Sardiñeiro, estas figuriñas acompañanme os días de nadal!

Resumiendo: Os amigurumis de Maruja e mimadriña queren desexarvos bo nadal!

About Palmira

mimadriña.com

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: