Un conto: La Niebla

La Niebla un conto de Carla

Carla no seu blog, escribiu un conto para mimadriña, eu pedinlle permiso para continualo e iste é o resultado!

(eu Carla escribino en galego por que sáeme do corazón así)

Carla escribiu:

LA NIEBLA

Había una vez hace muchos años, tantos que no me acuerdo, en una pequeña aldea de montaña vivía una niña llamada Lucía.

Un día paseaba por la calle cuando de repente el cielo se nubló. Lucía se fue corriendo para casa y le contó a su madre lo sucedido.

La madre le explicó que cada cuatro años el cielo se nublaba durante tres días pero al llegar al tercer día la obscuridad no desapareció.

Todos los del pueblo estaban muy preocupados, hasta que llegaron a  una conclusión: el que consiguiera derrotar a la niebla sería el alcalde del pueblo.

Llegó un día en el que Lucía decidió buscar a alguien que fuera capaz de derrotar a la niebla.

Encontró a un valiente caballero y la obscuridad desapareció.

Cuento contado, cuento terminado.

Mimadriña continúa:

Cuento contado, cuento terminado?

Ás veces, ou a maioría das veces, os contos non terminan, sempre hai unha continuación, por que as cousas que pasan ou que se contan, pasan a formar parte de outras persoas, que aprenden cousas con isto e iso é moi importante, aprender dos contos e das cousas que pasan é moi xenial!

Así foi na aldea de Lucía, onde os seus veciños e veciñas de aquel conto e do valiente cabaleiro aprenderon  que non hai niebla que cen anos dure!

Sí. Lucía un día empeñouse en que tiña que atopar a alguén que lle axudase, xa que ela era cría que era moi pequena para tal tarefa!

Saiu a rúa e veciño a veciño foi contando que tiña a teima de facer marchar a néboa da súa aldea, esa néboa gris que a poñía triste, e que si eles tiñan algunha idea de como facelo? A verdade e que propostas e intentos non lle faltaron:

A señora da tenda de electrodomésticos Piñeiro, puxo a funcionar tódalas aspiradoras que tiña a vender no curuto do monte Pindo, pero nada conseguiu,excepto tragar unha mosca despistada que pasaba por alí.

O señor que sempre senta no mesmo banco no parque dixo que él dixo non sabía, pero que tiña unha habilidade un pouco especial que ao mellor podería espantar a néboa, subiu o monte Facho e comenzou cagar peidos fedorentos, pero tal brisa non provocaba moito movemento, máis que tódos de alí fuxiran mortos de risa por tal habilidade! jaajajjaj

A velliña que sempre estaba sentada na porta da casa, vendo pasar os coches, preguntoulle a Lucía a onde ía, nun día tan gris e feo, Lucía lle dixo que andaba buscando a maneira de desfacerse da néboa, e a velliña díxolle que ela de desfacela non sabía, pero que sabía facela. Como? dixo Lucía. A velliña contestou: mira eu sonche moito de cociñar, sempre o fun, fago cousas ben ricas,o que pasa e que os anos non perdoan e teño un despiste tremendo e sempre deixo a pota ó lume, veño para porta e zas, borraxeira por toda a casa, jajajaja. Hoxe queimarónseme as lentellas, onte o caldo e antonte a fideuá!

O xoven pintor bohemio que dende facía pouco viñera vivir a aldea atopou a Julia na rúa, e preguntoulle onde podía atopar pinturas, Lucía contestoulle e preguntoulle se él sabía como facer desaparecer a néboa gris, él díxolle que sí sabía e levouna ó seu estudio e ensinoulle a pintar con acuarela un ceo azul azul e cun sol ben xeitoso. Lucía quedóu namorada da pintura para sempre.

Un dos velliños que xogan a partida a diario no Bar Novo, parou a Lucía cando ía ca súa acuarela debaixo do brazo, e díxolle: rapaza!, xa sei o que andas facer, e vas conseguilo!

E logo? -dixo Lucía

O velliño contestoulle: mira a néboa existiu sempre, houbo invernos que a néboa do vendaval ata durou meses enteiros, pero sempre saiu o sol, tarde ou cedo sairá. Hai cousas que te pasarán meniña, bonitas e feas, pero non debes deixar que o feo che poña triste, o conto é non deixar que a néboa inunde o teu corpiño e que saias a rúa a pasalo ben coma nun día de sol, a facer o que queiras! Coma hoxe! saíches e mira a de xente coa que falaches, que coñeciches,  e o que aprendiches, ata acuarela!

Lucía pensou e repensou o que o velliño lle dicía, e deuse conta que ese velliño tiña razón, él era o cabaleiro valiente que fixo desaparecer a néboa, por que Lucía endexamáis se puxo triste por que houbese néboa. Ademáis explicoulle todo isto aos seus veciños e veciñas preocupados por catro días de néboa, e ata organizou un foro entre eles onde ensinaban ás súas habilidades e ata creou un banco do tempo un tanto peculiar, a señora dos electrodomesticos aprendeu acuarela, o señor dos peidos axudaba a cociñar a velliña para que non se lle queimara, esta facíalle comidas lixeiras para aliviar o seu problemilla, o pintor empregaba de cando en ves aspiradora para limpar o seu taller e o velliño cabaleiro fíxose coach empuxado polo entusiasmo de Lucía!

Ohhhh e entrementras, mimadriña, saiu o sol!

Ves Carla, que xenial!, este conto non termina, eu continueino! Carla, e tí cando vaia néboa na Costa da Morte acordaraste de Lucía, de min e do conto da néboa que ti creaches. Xa me contarás que fas tí os día de néboa? Este conto traerá máis contos, xa verás.

Ah Carla, preguntalle a túa profe e que te explique que é un Cádaver exquisito en literatura , cando o sepas, dirás: ahhhh dixo sei facer eu! 😉

About Palmira

mimadriña.com

9 comments

  1. Fíxeno en castelán porque era un traballo para a clase de lingua castelá e a profe íame rifar se o facía en galego, a maioría dos contos que fago son en galego sobre todo porque sei que así saenme mellor e porque é unha lingua moi bonita. Que conto tan xenial, vou volver a lelo outra vez. Carla

  2. Acabas de emocionarme. Parabéns Mimadriña, recórdasme a un libro infantil de Saramago que leín con Carla fai uns días. Saramago dicía que os contos de nenos debían ser lidos por adultos e aprender do que vimos ensinandolle a eles. Xa o poremos no blogue porque Saramago invitaba aos nenos a recontar o seu conto de A flor máis grande do mundo. Para min Saramago é “un anxo”, póñoche á súa altura, desde o micro granciño de area que son neste mundo, aí che concedo o meu Nobel a ti tamén. Vica

  3. Por que non facedes máis colaboracións??? é precioso!!! tés que escribir máis!!! E o conto de Saramago “A flor máis grande do mundo” é unha desas pequenas e raras marabillas que atopas entre tanto baldío…Mil bicos e Feliz Navidad que seguro que a tés, tí a a túa familia!!!

    • Palmira

      jajajaj, moitas grazas nonafont, pois eu sempre tiven a ilusión de escribir para nenos e nenas, facer un libro completo, letras e ilustracións e dende fai meses teño unha idea para un conto na cabeza, e sigue ahí, ajjajaja, un día destos, póñome! Eso sí, agora teño que deixar pasar estas datas! Ah e sabes que, teño un sobriño, que está escribindo un conto sobre mimadriña, mimadriña querida!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: