Mimadriña! teño que falarvos de Carla! un día fai un par de meses ( coma pasa o tempo) faleivos que atopei na rede o blog de Carla, e dende aquela todavía expertei máis o meu lado máis infantil, recordando todo aquelo que me gustaba de rapaciñas e os libros que lía, e pouco a pouco llelo vou comentando a Carla no seu blog. Eu non coñezo a Carla, nin a súa ai, nin ao seu irmán Joao, pero sei que en certa maneira de vez en cando xogamos pola rede!
Que dicirvos de Carla e do seu blog? Pois so que lle votedes unha ollada, so con iso chegará para que namoredes das cousas que fai e emprende, dos enlaces que nos suxire, e n fín, mirade mirade!
Eu agora ando maquinando a continuación dun conto que ela escribiu que se chama: La Niebla e para inspirarme coma sempre mirei pola miña ventá. Mmmmmmm!
Pingback: un domingo pola tarde | Mimadriña!