Hoxe quero contarvos que o pasado martes participei na Coruña, no centro cívico do Castrillón no “Encontro de mulleres e emprendemento 2.0” , onde compartín mesa con proxectos e mulleres moi diversas como Rosalía de Fundación Mujeres, Noela de Qualinnova Consulting, Fátima de Nasas Social Media e Itziar de Twin Shoes. O encontro resultou moi motivador, pois si a priori tíñamos propostas moi diversas, resultou que tíñamos moitas cousas en común, como unha visión semellante sobre a situación actual, a necesidade case vital de emprender, as eivas atopadas, o nulo apoio por parte das administracións e as portas pechadas para a finaciación das ideas por parte da banca, a pesar de todo iso, a visión era común, emprender como necesidade vital, emprender de outro modo, crear cultura de empredemento, inovar, aplicar creatividade non solo nas proposta, senón tamén nos modos de facelo.
Outro dos nexos en común entre nós, foi o emprego da rede, e da web 2.0 como base da nosa proposta e polo tanto gran parte do encontro xirou acerca de como facelo dunha maneira correcta.
Gústoume estar alí por escoitar as compañeiras, por como foi a súa historia, pero tamén polas mulleres que alí nos escoitaban que demostraron cas súas preguntas e cas súas intervencións que en situacións de crise somos capaces de poñernos mans á obra e crear, emprender, facer, soñar!
Alí, cara o final, en “primicia” desgranei parte do Manifesto Mimadriña que estou elaborando, jiji, xa vos contarei!
Por certo alí tamén coñecín a unhas moziñas que se achegaron a min ao final con propostas moi diversas como son Etnika´s, Virginia de Comparte en Postivo, María Jesus de Acadar.org e Emy de Noroeste Web e Planeta Basura, moitas grazas por todo o que me comentáchedes e pronto espero falarvos delas unha a unha!
Pingback: Manifesto mimadriña « Mimadriña!