opendello.org e mimadriña

opendellos e mimadriña

Victor, Palmira, Bárbara e Pablo que non estaba por que estaba no Machu Pichu!

mimadriña! opendello.org é parte importante deste 2012, por non dicir que opendello é a ilusión por facer cousas máis alá do convencional, do que se adoita a facer no eido das tic e a educación social, pero sobre todo opendello convertiuse nun fío de unión entre catro persoas en diferentes puntos do país que teñen un ruxe ruxe de querer facer algo sen esperar nada a cambio máis que aprender do propio feito de facer cousas coa xente que se achega a nós, e iso foi o que fixemos.

A experiencia, o acontecido, os kilómetros feitos, as conversas, as sobremesas, os camiños andados, os lugares visitados, as postais e mails enviados,  os montes, todo iso forma parte do patrimonio acumulado por opendello este ano. E non pensedes que non é valioso, sen opendello o 2012 non sería o mesmo, seguramente non caeríamos na conta que o importante é a experiencia vivida e non o número ou custe de cursos e masters que penduran nun CV, sen opendello non houberamos coñecido tantas historias e tanta xente con ganas de facer cousas e con forza para cambiar, non o mundo, senón a súa realidade máis achegada; sen opendello teríamos a ilusión por mirar a diario o buzón de correos, sen opendello a vida dos seus catro membros sería máis tranquila e este ano estaría un chisco máis valeiro, e  sen opendello non existiría mimadriña.com, e se non existira mimadriña, pois….mimadriña querida! que triste sería este 2012 para min.

Pode parecer que digo moito, pero opendello cambiou para sempre a vida dos seus catro integrantes:

Bárbara tivo a Jon un meniño que saberá que medrou na barriga da súa nai mentras ela era consciente de que todo o que se lle pase pola cabeza é posible!

Víctor namorou de opendello e deuse conta que todo aquelo que mola na rede e garda no seus favoritos de twitter pódese facer en calquera lugar do noso país e aínda por riba molar moito máis, tamén aprendiu  a escribir para ninguén e  facer cousas crac como istas .

Pablo aprendiu a que hai que facer as cousas que a un lle apetece, botarse ó monte, e foise a Perú, a ver que pasaba por aló e aprender moito moito da xente!

Palmira non parou quieta e non durmiu durante meses mentras non paraba de dicir que tiña un ideón cada insomnio! despois tomouse un descanso e durmiu durante tres días e o cuarto mimadriña.com!

Opendello non desaparece, por que mentras os seus catro membros sigan a pensar que o importante é a aprendizase do proceso, opendello existirá! Dentro de opendello caben moitos moitos…….. ideóns!

As cousas non suceden por que sí, por sorte ou por casualidade!

As cousas pasan por que existe un proceso, unha ronsel de aprendizaxes de historias vividas e sobre todo, compartidas, que constrúen a nosa maneira de ser e vivir e polo tanto, so nós e o que compartimos, facemos e dicimos fan as cousas posibles!

mimadriña existe por que existe opendello.org.

About Palmira

mimadriña.com

One comment

  1. bárbara

    buffff, que emocionante ler todo isto… eu aínda non me parara a analizar as tantísimas experiencias botadas ao lombo.
    e o único que podo pensar é que isto continuará; non igual, porque senón non sería opendello, pero continuará porque senón tampouco sería opendello.
    e tamén penso ‘mimadriña, que sorte teño’!!
    muacksssssssssss

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: