A mimadríña gústalle o que fai Nin Calvo cas caixas do peixe que atopa nas praias da Costa da Morte.
Estes días que moitos e moitas me contáchedes o moito que gustades do meu traballo, moito me acordo de Nin, ela foi das primeiras persoas que sin coñecerme de nada, gustou de Mimadriña, das miñas barquiñas, das cousas que facía co papel e quíxome coñecer en persoa. Acórdome perfectamente, e cando a coñecín, dinme conta que as persoas que gustábamos de mimadriña tíñamos algo ben xeitosos nos ollos!
Falamos moito de traballar cas mans, ela é moi coma min, e contoume que recollía crebas na praia do Rostro, e coas caixas de madeira do peixe, facía cadros tan bonitos como este que vedes nunha foto que ela me mandou, a súa filla tamén é de facer cousas cas man se ten un blog elenacortescalvo.blogspot.com onde amosa e vende as súas creacións. Nin e máis eu falamos moito tamén de blogs que ollamos a miúdo para inspirarnos e fíxome un grandes recomendacións como:
www.whatkatieate.com ou o impresionante blog lambeteiro www.sprinklebakes.com.
Nestes días, acórdome de Nin, por que non só sabe facer cousas coas mans, tamén sabe implicarse na terra e artellar tecido social e cultural ao seu arredor, un feito sempre indispensable e hoxe vital.
Gracias Nin!
E que o digas, vaia se é vital! Canto me alegro de que exista xente coma Nin e coma ti.
jaajajja habelas ailas! E coma tí Vica! Ti tamén coñeces a Nin?
Unha chulada de páxina e de ideas. Parabéns Palmira!!!
Moitas grazas Carolina, ideas témolas todos, o que hai que facer é sacalas para fora! Anímate!
Pingback: A miña carta para o apalpador « Mimadriña!