Txabi e mimadriña

Txabi e mimadriña, coas barquiñas, en Plentzia.

Txabi é mimadriña dende moito atrás, dende  anos antes de que mimadriña existira e case dende antes que eu fora como hoxe son! De feito as veces penso que non sería como son agora , se fai xa uns 15 anos atrás non lle escribira aquela primeira carta que para sempre nos uniu.

Eu era de escribir moitas cartas e enviar postais! Agora co tempo, son de mandar mails longos e escribir nalgún blog.

Nas cartas que nos intercambiabamos había moita filosofía ou poesía, (chamádelle como queirades), tamén había sempre unha árbore e baixo dela, as veces un banco, e tamén moitos cassetes que ían e viñan polo correo con música grabada, algunhas veces mesmo da radio.

Os anos pasaron, algúns sen saber un do outro, pero algún fío sempre nos mantivo dalgún xeito unidos, aínda que so nos víramos de lustro en lustro.

Co tempo as cartas mudaron a postais e cd´s, os que txabi me envíaba baixo o nome de bagoa e os que eu lle enviaba baixo o nome de insomniorizar e co tempo ese nome, deu paso a un  blo. Co tempo tamén as cartas en papel pasaron a ser mails e logo tuits, e os cds a mp3 e  logo a vídeos do youtube e ou vimeo.

En gran medida a  miña cultura e gusto musical débollo a él, en parte a miña ilusión por creer, por esperar e escribir unha carta , por elaborar algo para ser lido por alguén especial, tamén é producto da personalidade e creatividade delicada de Txabi.

Txabi é mimadriña como o son tamén Juan e Maruja, por que eles forman parte de min dende sempre, como a pel.

Txabi nunca ollou pola fiestra de mimadriña, ten unha promesa non escrita de que algún día virá mirar a través dela!

Eu entre carta e carta convertinme en Palmira, Txabi entre canción e canción en Txabi.net.

About Palmira

mimadriña.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: