Soplade con forza, Veña! un, dous, tres! Eu son o amor da miña vida!
Este pasado 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, mimadriña estivo en Lugo, en colaboración coa Asociación Enriqueta Otero de mulleres luguesas contra a violencia de xénero e o concello de Lugo, que me convidaron a participar con elas nesta xornada e propoñer unha actividade.
Mimadriña querida, que podería facer mimadriña?
Pois cartas bomba con mensaxes sorpresa!
Cartas bomba?
Sí, cartas bomba, é dicir, uns cubiños feitos en papel e que teñen un buratiño por onde soplar, hinchan , e unha vez hinchados, podemos ollar por ese buratiño e ler unha mensaxe sorpresa, que previamente escribín e escribiron os nenos e nenas, e tódalas persoas que por alí pasaron!
Na foto, estamos en pleno proceso de soplado, jajajja! En nada poño un vídeo!
Eu escribín unha frase xeitosa: Eu son o amor da miña vida!
As cartas serán levadas o CIM de Lugo, alí as mulleres que queiran levar poden coller unha carta bomba, soplar e ……. mimadriña!
Manual de instruccións:
coller folgos, soplar como se tratase dun temporal e levar con ese vento todo o malestar, botar un ollo polo buratiño, agora ler en voz alto: Eu son o amor da miña vida!, aplicarse o conto!
Aquí tedes máis fotos desta tarde!