As 1000 grullas de Sadako Sasaki . As 1000 barquiñas de mimadriña.

A estas alturas xa sabedes que paso moitas horas facendo barquiñas de papel, ao principio, aló polo mes de xullo, tiña pensado contalas,  pero días despois dinme conta que era imposible. Pero si de algo estou segura e que xa fai que superei as 1000 barquiñas!

Hoxe vou contar unha historia desas que nos gustan, a historia das 1000 grullas de origami.

Sadako Sasaki  foi unha moza que vivía en Xapón. O 6 de agosto de 1945, cando Sadako tiña tan só dous anos,  estalaron dúas bombas atómicas sobre a poboación civil. Nove anos despois, un día, mentres corría, empezou a sentirse mal e caeu ao chan. Posteriormente foi diagnosticada coa leucemia, coñecida como «enfermidade da bomba A».

A súa mellor amiga, Chizuko Hamamoto, lembroulle unha vella tradición sobre alguén que realizou mil grullas en forma de figuras de papel (origami) e grazas a iso os deuses concedéronlle un desexo. Coas súas propias mans, Chizuko regaloulle a primeira grulla que realizou en papel dourado e díxolle: «Aquí tes a túa primeira grulla». Sadako tiña a esperanza de que os deuses lle concedesen o desexo de volver correr de novo. Ao pouco tempo de empezar a súa tarefa coñeceu a un neno que quedaba moi pouco tempo de vida pola mesma causa, a leucemia, animoulle a que fixese o mesmo que ela coas grullas pero o neno respondeu: «Sei que morrerei esta noite».

Sadako pensou que non sería xusto pedir a curación só para ela, e pediu que o esforzo que ía facer servise para traer a paz e a curación a todas as vítimas do mundo.

Co papel dos botes medicinais e outros que ía atopando chegou a completar 644 grullas de papel. O avance da enfermidade impediu que acabase de realizar a tarefa, morrendo o 25 de outubro de 1955 (aos 12 anos de idade) tras 14 meses de ingreso no hospital. Os seus compañeiros de escola, despois do seu falecemento, chegaron a completar as mill grullas.

Os compañeiros de escola e amizades pensaron dedicarlle un monumento onde se representaría a Sadako sostendo unha grulla dourada na súa man, tamén dedicada a todos os nenos que morreron por mor das dúas bombas atómicas.

E por fin, no Parque da Paz de Hiroshima foi construída a estatua dedicada a Sadako en 1958, na base está escrito «Este é o noso berro, esta é a nosa pregaria: paz no mundo». A historia foi tan impactante que transcendeu os límites de Xapón, converténdose nun referente mundial dos movementos pacifistas.

Impresionantemente fermosa esta historia, verdade? Tedes aquí un vídeo que ilustra esta historia.

Esta historia hoxe en día é empregada por diversas ONG e é protagonista de diferentes iniciaitivas, unha desas historias foi a de Makiko, unha xaponesa afincada en Madrid, que emprendiu este proxecto, e ademáis ela foi a que me ensinou a facer grullas de papel.

Ben, pero entón, por que o título desta entrada no meu blogue, por que 1000 barquiñas de papel?.

Cóntovos: Cando eu empezei a facer barquiñas de papel, non coñecía esta historia , eu empezei a facelas, por que me gustaban o bonitiñas que quedaban e para encher as horas a consecuencia de estar no paro ( que non parada). Durante 8 anos traballei de educadora social en diferentes ámbitos educativos, entre eles, proxectos que me ensinaron o bo e o malo desta miña profesión, e sempre tiven as ganas de facer algo por min mesma, eu soa, que compatibilizara a miña creatividade e o meu “discurso educativo. Agora por primeira  vez, estaba no paro, e tiña un montón de horas para adicarme a min mesma e empecei a facer barquiñas sobre todo e a aprender isto do origami, vendo videos por youtube, todo isto enganchoume moitísmo e apoiada por amigos, decidín un día e por sorpresa, abrir este blogue e unha tenda online para ensinar o que facía e obter algúns ingresos para cubrir os materiales que empregaba. O que máis me gustou, foi observar que non foi unha arroutada que abandonaría aos dez días, senón que case sen querer e sen planear, mimadriña foi medrando e evolucionando ata hoxe gracias en parte o apoio de moitos de vós e da imaxinación dos meus sobriños e sobriñas.

Estar durante 8 meses en desemprego non foi doadol, pero tampouco é fácil ollar a situación actual.

A miña nai é moi de rezar a San Antonio, e rezaba e rezaba para ver si eu atopaba un traballiño , pero os paxariños non cantaban, nin para min, nin para moita xente que coñezo, moi crac e que estaba igual que eu.

Entó , fai un par de meses, cando xa o había tentado case todo, as cousas empezaron a virar en positivo para min, e moitos dese minis desexos que eu tiña, ou mini soños, empezaron a cumplirse, non sei como, pero foi como que un día todo virou, todo xunto, atopei un traballo de media xornada que me permite compatibilizar con mimadriña e me permite vivir en Sardiñeiro, e ademaís empezaro a acontecer ao meu redor un móntón de cousas “máxicas” ( si, xa sei todo esto é moi magufo, pero imos poñerlle ilusión e conto ó asunto).

Miña nai pensa que foi San Antonio, meus amigos e amigas pensan que fun eu que lle meto moitas ganas ó asunto, pero eu teño outra teoría, é ista:

Pode que a lenda xaponesa tamén funcione con barquiñas de papel, Sadako Sasaki non conseguiu o seu desexo de curarse, pero nese desexo implicou a outras persoas loitando por cambiar o mundo, un acto poético que perdura décadas despois. Eu nin por asomo pretendo algo tan grande, pero quero pensar que un día sobrepasei as 1000 barquiñas e empezaronseme a cumprir dalgunha maneira eses mini soños, e ademáis impliquei a outras mans miúdas a que:

Ostras! un día miras por unha fiestra e daste conta que o mundo está ahí, fermoso, e que podes interpretalo ao teu antollo, e facelo de coloríns!

Xa sabedes, se credes coma eu, que a lenda das mil grullas é fermosa, que ten un forte “papel” educativo, xa sabedes, jajajja, facede mil chalanas, ao mellor os vosos mini soños cúmprense!

Moralexa: o youtube é moito, a rede é moito!

Boa fin de semana!

About Palmira

mimadriña.com

9 comments

  1. uveic

    Que cousa bonita.

    • Palmira

      graciñas bonito! Cada ves que poño algono blo sempre penso, millor que esta entrada non a vai haber máis, e entón atópome con cousas, aínda máis lindas!

  2. Socorro

    Me atrapaste. Como siempre!. Vas a terminar consiguiendo que lea en gallego de corrido. Yo pienso, que las personas angeladas ‘sobrevuelan’ durante un tiempo, hasta que deciden bajar y regalarnos su Gracia y habilidad. Tu tiempo llegó, para nuestro disfrute. Cariños

  3. vicandria

    Encandílame a túa paixón pola vida, non deixes de ser ti mesma, nos estamos ao outro lado da pantalla animándote e queréndote.

    • Palmira

      jajaja, pero mia quen vai falar, eu son un pouco máis nena dende que leo a Carla, recórdame moito moito, a cando ía ó cole de Sardiñeiro! Aínda teño moitos libros dos que falarvos, jajajjaja

  4. Pingback: As mil folliñas de papel | Mimadriña!

  5. Pingback: 1000 barquiñas mimadriña para Castrelo de Miño! Participa! | Mimadriña!

  6. Pingback: As 1000 grullas de papel e a nosa feira mariñeira | Campamento de igual a igual

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: