Chichí e mimadriña

Este cadro, é para min o cadro máis bonito do mundo!  ollade ben para él!

Dende o minuto un que o vin, pensei: mimadriña que cousa! A nosa vida nun cadro!

Foi pintado no 2009, polo meu irmán Chichí e coloreado pola miña sobriña Lucía. Meu irmán Chichí, léva xa máis de tres decadas pintando, sempre recordo as pinturas e as tablillas de madeira cheas de oleos pola casa, aínda que eu teño que dicir que persoalmente non gustaba moito dos seus cadros durante os anos 80, eran moi escuros e ata algo tristóns. Durante anos, deixou de pintar. Pero entonces, Chichí foi papá, tivo dúas nenas, Lucía e Sara, e retomou a pintura, pero desta vez, máis colorista e mimadriña querida, namorei, como namorei fai pouquiño de Jimmy Liao, pero esta historia xa a contarei outro día.

Recordo que o meu irmán estivo moitos anos polo mundo, estudando e traballando e eu escribialle cartas, que sempre ía cheas de dibuxiños e esforzábame moito por saber dibuxar ben, por que era importante que él me dixera que tiña “sensibilidade creativa”

Antes de mimadriña, teño pintado moito, cartas para os sobriños, para os meus amores, nas marxes das libretas mentras estudaba, pintei paus e pedras, as paredes de tódolos meus cuartos e casas, un montón de pizarríns que fun mercando…..

Chichí é mimadriña, este cadro é mimadriña anos antes de que este meu proxecto nacera. Fíxadevos ben, os peixes, as barquiñas, jajaj, o tren ( esto ten outra historia e outro dibuxiño, xa vos contarei) Eu fago o que fago por que tiven un irmán que mimadriña, moito me ensinou sobre como ollar a través duns lapis de cores!

E digo eu, poderíamos, poderíades intentar pintar un cadro co máis representaivo das vosas vidas, quedaría xeitoso fixo!

Chichí é o apodo agarimoso que lle puxemos ao meu irmán, él destaca polo seu traballo, alónxado do mundo da pintura, pero ben podería adicarse a isto creo, e moitas opinións me da para que siga adiante con mimadriña! 😉

Un segredo?: psss, non lle digades nada, que me dixo que quere gardar o anonimato, pero no instagram ando tolo, moi tolo, poñendo fotos das cousas que dibuxa! Buscádeo, está baixo o nome de jcastromarcote.

About Palmira

mimadriña.com

2 comments

  1. vicandria

    Tremendísimo. Menuda familia de artistas que sodes. Eu non puiden evitar a curiosidade de ir a instagram, noraboa, gustoume moito. Vica

  2. Pingback: un retrato sen rematar | Mimadriña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: