Víctor e mimadriña

Mimadriña e Víctor from mimadriña on Vimeo.

Victor é mimadriña.

Un día vimos un vídeo onde un tipo poñíase no medio do campo a bailar, mentras outros miraban abraiados por esa arroutada, e despois dun segundos, unha persoa das que miraban, acompañouno, decidiu apoiar dita arroutada.  Seguidamente outros que viron tal acontecementos pensaron, ale! alá imos! todos a bailar, e  uníronse máis!

A moralexa da historía é que esa persoa que ollou o bailarín e pensou:

-dios este tipo esta fatal, encántame, e vouno seguir e apoiar!

esa primeira persoa que co seu apoio, fixo que mais xente seguira ó bailarín, é a persoa importante, a que fixo que unha loucura foxe visibles para moitos ollos.

Pois aplicade o conto a mimadriña! Víctor foi o primeiro entusiasta de mimadriña, foi o fan number 1, e eu estou tan agradecida  que un día fíxen un neno nun cadro mimadriña, un neno que creciu ( e moito) sen saber que tiña alma de poeta!

Él díxome un día que unha cousiña soa, sexa un barquiño de papel, unha bolboreta ou un bico, non “dicía” moita cousa, pero si xuntaba uns cantos a cousa xa lucía xeitosa. É certo!

Moitas barquiñas enchen o mar de cores, moitas bolboretas colorean o ceo e unha morea de bicos colorean os beizos. Supoño que o conto é aplicable á vida en xeral. Un montón de poemas fan un libro, regar as frores tódolos días fan un xardín, sachar unha horta tódalas primaveras dan alimento a unha familia e soñar tódolos días e facer mil revolucións diarias ao teu redor supoñen:

mimadriña! un mundo mellor!

Víctor un día ollou que facía barquiñas de papel e uniuse á festa, dende aquela teño xente moi xenial que me axuda a facelos e me apoian co seu: palmi que bonito! así que eu ireivos contando a historia de todos eles e elas.

Moralexa de todo isto: mimadriña é como os donettes, sáenche amigos por todas partes!

About Palmira

mimadriña.com

6 comments

  1. uveic

    🙂

    É a terceira vez que o leo. Que bonito é ser de mimadriña. E como me gusta o vídeo. Recordo o día que se me deu por poñerme a facelo, recordo que unha hora despois xa estaba enviándocho. Agora podo darlle a reproducir en bucle mil veces, e cos ui, u, a, a, de Anni, ollando cada doblez do papel. Mimadriña devolveume o neno que sempre levei dentro. Mimadriña está despertando moitos nenos que estaban escondidos. Recordas aquelo de cambiar o mundo? Estás cambiando o mundo. Bicos.

  2. Pingback: Manifesto mimadriña « Mimadriña!

  3. Pingback: Querer sempre o que se fai | Mimadriña!

  4. Pingback: mirar pola ventá | Mimadriña!

  5. Pingback: O fotocol da Costa da Morte | Mimadriña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: