Este é o avó Lestón, entre outros 15 netos e netas e outros 15 bisnetos e bisnetas, mimadriña ten a ledicia de ser bisneta do Lestón. Aquí o tedes nunha imaxe da fai xa uns 20 anos; a nena é Alba, a primeira bisneta!
O avó Lestón sempre que vía unha cousa xeitosa, que lle gustaba dicía: mimadriña! e eu fixábame que sempre o facía cun sorriso así como o que ten na foto, un sorriso fachendoso que dí: mimadriña que cousa bonita teño nos brazos!
O avó Lestón non coñeceu mimadriña, foise moito antes, pero estou segura que si vira todo isto, botaría un sorriso e un mimadriña!
Mimadriña ou mimá, é unha expresión moi da nosa costa, non ten outra tradución que expresar sorpresa ante algo moi extraordinario, no lle busquedes máis interpretacións!
Conclusión deste conto: o nome de mimadriña.com foi cousa do avó Lestón.
Pois si, seguro que o avó Lestón estaría ben orgulloso de mimadriña!!