Entre outras cousas que xa vos irei contando, de Maruja aprendín a lembrar con detalle momentos, moitos momentos especiais e de facer o esforzo por mantelos ahí. Pasmábame a súa capacidade para recordar por exemplo o estampado do seu vestido que ela mesma cosiu para quedar con Juan, na súa primeira cita. Ou as notas que Juan lle deixaba polos bolsillos das chaquetas. Maruja contoume mil e unha historias, mentras xogamos ao cinquillo na mesa do Lestón.
Fun boa alumna, por que eu aprendín moi ben eso de lembrar, teño mil historias que contar, podería pasar horas e horas contándovos as cousas que Juan e Maruja me ensinaron e xa non digamos anos e anos, lembrando cousas que vivín ata día de hoxe.
Hoxe Maruja xa non lembra o meu nome, pero cando fun a vela, e lle dixen que era Palmira, a rapaza que lle regalou un anel de flores de colorines facía un par de anos atrás , botou un sorriso, despois eu canteille ” sota, sotaina, no llames a mi puerta que esta mi madre mala y no gana para…” ela seguía a canción que cantábamos cando 20 anos atrás xogábamos ás cartas. Tamén lle dixen que quería merendar, e como non, pediu un cucurucho de nata, a ela encántábanlle e no Lestón sempre tomaba un de postre. Entón pregunteille a Maruja si recordaba a broma que Juan lle gastaba os nosos camareiros co cucurucho, e ela díxome, claro! ” Juan rellenaba el papel del cucurucho con servilletas de papel, lo dejaba tal cual, y llamaba al camarero y le decía. Maruja no quiere el cucurucho, llévalo al congelador y no me lo cobres” Jajjaja. Maruja non recordaba o meu nome, pero non deixaba de sorrirme e cando me fun, díxome: “Palmira sigue así de guapa, gracias por tu cuadro de chalanas, me recordará a Sardiñeiro y Fisterra”.
A súa filla Marujita e o seu neto Juan, dixéronme que facía moito tempo que ela non recordaba tantas cousas. Eu non sei, pero Maruja sigue igual, coma sempre, recordando os detalles que a facían feliz.
Tu lo dices… fuiste muy buena alumna. y hoy somos nosotros quienes disfrutamos de tus relatos. Gracias por albergar tanta ternura.
Gracias Socorro, gracias a ti tamén que sempre tes boas palabras para min!
Maravilloso relato y con que dulzura nos cuentas la histoiria , gracias y que maravilloso que la hayas hecho recordar…:)
Pingback: Maruja (IV) | Mimadriña!
Pingback: Juan e a papirofexia | Mimadriña!