Juan e Maruja (II)

Eles son Juan e Maruja, na praia de Sardiñeiro uns días antes do final do verán de 1989, nin dez anos tiña eu aínda.

Recordo esta foto e o momento. Recordo que fun a buscalos á praia ( a mesma das barquiñas mimadriña), por que xa era tarde, e por si precisaban da miña axuda para subir as sillas polas dunas (antes na praia de Sardiñeiro, había dunas, antes de que construíran o paseo marítimo).

Xusto neste intre, eu chegei, escoitei o clic da cámara. Era unha autofoto. Pensei que o mundo parárase nese intre e eso debía ser o máis cerca do ceo que se podía estar, estando viva. Sentínme un chisco incómoda de ollar ese momento de intimidade

Co tempo cada vez que miro esta foto, son consciente de que aínda que eu non fixera o clic, foi a miña primeira foto, dende aquela, creo que teño ollo para a fotografía!

O mellor para min, de sacar unha fotografía, é ver tempo despois esa imaxe e recordar o que pasaba pola miña cabeza nese intre, pásame moito.  Recoméndovos tamén se tedes un chisco máis de tempo, ler isto.

Acabo de decidir que outro día vos falarei de Txabi, outra persoa tan especial como Juan e Maruja, que xurdiu tamén dos veráns en Sardiñeiro,  aínda que nunca Sardiñeiro pisou, e que tantísimo me ensinou de fotografía e música, pero iso, outro día.

About Palmira

mimadriña.com

3 comments

  1. Pingback: Juan e Maruja (I) « Mimadriña!

  2. Pingback: Maruja (IV) | Mimadriña!

  3. Pingback: Juan e a papirofexia | Mimadriña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: