Un bico para Carla

De min sabedes que me gusta facer cousas xeitosas con papel, pero o que non sei se sabedes e que me gustan os blog, e que tiven outros blogs antes que iste. O meu primeiro blog foi alá polo 2005, chamábase insomniorizar e dende  o 2009 non escribo nel.

Co insomniorizar descubrín a rede, e foi xenial como pouco a pouco xente que non coñecía ía deixándome comentarios sobre o que facía e escribía. De aquela experiencia coñecín grandes blogs dos que xa vos falarei noutra ocasión. Hoxe quero falarvos de Carla, este bico é para ela e ainda que non nos coñecemos, sei ben que de algún xeito chegaralle.

Carla ten un blog, nel conta as cousas que fai, os libros que lle gustan e os inventos que fabrica como unha máquina para tirar confeti! Así coñecín a Carla, ela escribiu sobre a súa máquina no seu blog e tamén sobre mimadriña; eu vin que recibía visitas de O corno do boi, e zas! Gran descubrimento! Carla é xenial, se lle escribides, dicídelle que mimadriña lle envía un bico.

About Palmira

mimadriña.com

3 comments

  1. Vica

    Dareille a Carla un bico en persoa da túa parte, sei que vai saborealo moito pois a quen non lle gusta que falen dun, aínda que sexas unha nena. Estou lendo algunha cousa das que escribistes no pasado e outras das que estás a escribir na actualidade, moito me gusta o que dis. E debo confesalo, tamén o feito de que sexas de Sardiñeiro xa me produce unha especie de feitizo para seguirte e ler o que sae do teu inxenio, nacín en concello limítrofe e pasei a miña infancia bañándome nas praias da Costa da Morte, especialmente nas de Lires e Nemiña, esas augas deixan un pouso na alma imposible de esquecer. Moitas apertas de Vica, a nai de Carla.

  2. Pingback: O blog de Carla e mimadriña « Mimadriña!

  3. Pingback: un domingo pola tarde | Mimadriña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: