O Orzán Revive e mimadriña

A foto sacouma Antón Varela que pasaba por alí e ate nos achegou un chisco de comida!

 O pasado sábado “celebrouse” moito na  Coruña o Orzán Revive e alí estivo Mimadriña. É a primeira feira a que fun cos meus cadros de barquiña, estaba algo nerviosa, pero todo foi moi moi ben!

Cheguei cedo para poñer ben xeitosa a miña mesa, e xa que estaba, pois a rúa tamén, podedes ver como quedou aquí. Vou contar unha das historias máxicas que alí aconteceron.  Ela é Lúa, achegouse a min dúas veces, unha pola mañá: ía paseando pola rúa, cando viu unha alfombra verde e unha ringleira de barquiñas que levaban ata a miña mesa, así que foi collendo un por un, e chegou o meu corazón, mirou, remirou e díxome que volvería pola tarde, ela quería aprender a coser corazóns.

E Lúa volviu, cosiu para ela e para a súa nai. Marchou arrastrando unha rede de corazóns e deixou esquecido un bico na miña meixela!

Se queredes saber máis cousas máxicas que alí aconteceron podeder velas aquí

About Palmira

mimadriña.com

One comment

  1. Pingback: Sebastián e mimadriña « Mimadriña!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: