Él é Jorge, é o irmán mellizo maior de Pablo e tamén encántalle estar na casa de Mimadriña, pero sobre todo, o que máis lle gusta desta casa é saltar no sofá, como o sofá da casa de Mimadriña non hai ningún!, xa moitos levan saltado nel, e ahí está!
Jorge ten man para as barquiñas e pouco lle falta para dominar as gaivotas e as bolboretas! Fai pouco a Jorge puxéronlle gafas, ten unhas moi modernas e quédanlle tan ben como a súa tía Palmira. (Se Jorge está lendo esta derradeira frase, botará un sorriso así, de medio lado con cara de pillabán entre me gusta moito e jo, non te metas conmigo! )
Jorge de vez en cando, sen esperalo, sóltache un bico deses que namoras, e eu doulle moito mérito, porque non é deses que da bicos a calquera.
O que máis me gusta deste meu sobriño e que domina a técnica de demostrar amor incordiando, é dicir, métese contigo para demostrar que te quere a rabiar, de quen lle vira tal cousa?
Jorge parece serio e distante ás veces, pero é todo amor, e dáselle moi ben os xogos de montar estructuras, puzzles e operacións matemáticas!
Amor de tía (como se nota)
Si, jejjeje
Pingback: jorge fai unha mimomensaxe | Mimadriña!
Pingback: jorge fai unha mimomensaxe | mimadrinha