Sí, teño moita sorte de nacer onde nacín, de ter a beira dos ollos o mar, a fiestra e a area branca, onde din que ata parece máis sixelo ser poeta, mariñeira, ou tola.
Sí, pode que estea dacordo! máis algo de mérito terei en ver as cousas que vexo nese mar, a través desa fiestra ou en “ver pensamento” que tendo na area branca, polo menos eso creo eu, e agora despois de tempo de reflexión ata me atrevo a decilo e ata a escribilo.
Pasén demasiado tempo da miña vida escoitando que son unha chica con sorte, e sí! non o nego.
Teño a sorte de ver cousas que outra xente non ve! Eu imaxino un mar cheo de barquiños de cores e constrúo milleiros, eu vexo a través da fiestra xente que fai cousas e sácolles unha foto para rememoralos cando as forzas flaquean, eu pouso o meu corpo na area para coller forzas!
Por certo a foto é na Praia do Rostro, en Fisterra!