Son a mellor tía do mundo e non o digo eu, despois de dez anos sendo tía, un día un dos sobriños díxomo na praia máis bonita do mundo, O Furadiño (Bueno! Aquí en Fisterra, tódalas praias poden ser as máis bonitiñas do mundo!) Unhas semanas despois outro sobriño ( sí, teño moitos) escribiu que eu era a mellor tía do mundo no seu facebook. Así que, imaxinade!
Ben! ser a mellor tía do mundo ten o seu segredo, esta é a receta:
Precisades tempo, invertirlle horas, tamén unha praia ou un monte por onde ir pasear, gritar e saltar moito cando atopades un bichiño ou unha fror desas raras ou unha cova dos tesouros e de vez en cando desfrutar dalgunha tarde facendo algúns xoguetes cas mans, barquiños de papel por exemplo.
A extratexia para esto último é a seguinte:
Primeiro regálalle xa uns cuantos feitos, gustaranlle e despois hai que dicirlles: Uis! Pois son moi fáciles de facer, ven para aquí que te vou ensinar!
Barquiños de papel de cores tedes aquí e como facelos pronto aquí, e xa está, xa seredes os mellores tíos e tías, madriñas, padriños,avós, avoas, pais ou nais do mundo mundial!